Solicita praza no Servizo de Conciliación Familiar: abrimos catro quendas en outubro e novembro

As estancias ofrecerán un total de 28 prazas en Nigrán, Vila de Cruces, Pantón e O Grove. As solicitudes deberán presentarse cun mínimo de 20 días naturais de antelación.

Solicita praza no Servizo de Conciliación Familiar: abrimos catro quendas en outubro e novembro

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia abrimos convocatoria para solicitar praza nalgunha das catro quendas con aloxamento do Servizo de Conciliación Familiar que ofreceremos durante os meses de outubro e novembro en diferentes localidades galegas.

Cada quenda contará con sete prazas e terá unha duración de tres días. En total, estarán dispoñibles 28 prazas para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O Servizo de Conciliación Familiar ofrece ás familias un tempo para descansar, atender outras responsabilidades ou recuperar forzas, mentres as persoas participantes desfrutan dunha estancia con apoios adaptados ás súas necesidades. Estes períodos de descanso favorecen o benestar de toda a unidade familiar e axudan a manter os coidados e os apoios dun xeito máis sostible.

DATAS E DESTINOS

Do 9 ao 12 de outubro | Hotel A Queimada, Nigrán | 7 prazas|

Do 22 ao 25 de outubro | Balneario Baños da Brea, Vila de Cruces | 7 prazas

Do 5 ao 8 de novembro | Balneario Augas Santas, Pantón | 7 prazas

Do 19 ao 22 de novembro | Hotel Spa Norat, O Grove | 7 prazas

En todas as quendas, a entrada realizarase ás 18:00 horas e a saída ás 17:00 horas.

COMO SOLICITAR PRAZA?

As familias interesadas deberán enviar a documentación necesaria ao correo electrónico familias@fademga.org cun mínimo de 20 días naturais de antelación á data de inicio da estancia.

Será necesario presentar un formulario diferente por cada quenda solicitada.

A cota do servizo é de 40 euros por día e por persoa.

Neste documento podedes consultar e descargar toda a documentación necesaria para facer a solicitude. 

 

Para resolver calquera dúbida, as familias poden escribir a familias@fademga.org ou chamar ao 981 51 96 50

O Servizo de Conciliación Familiar de FADEMGA Plena inclusión Galicia conta co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.