Seguímonos a formar por unha saúde mental axeitada para as persoas con discapacidade intelectual

Nova reunión do noso grupo de discapacidade intelectual e saúde mental

Seguímonos a formar por unha saúde mental axeitada para as persoas con discapacidade intelectual

A pasada semana celebramos unha nova reunión do grupo de traballo de saúde mental de FADEMGA Plena inclusión Galicia: un espazo no que profesionais de diferentes entidades compartimos experiencias, dúbidas e situacións de difícil manexo relacionadas coa saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Durante a xuntanza tamén coñecemos como algunhas profesionais están comezando a aplicar EMDR, unha técnica de desensibilización e reprocesamento por movementos oculares, adaptándoa ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual. Porque avanzar en saúde mental tamén significa explorar novas ferramentas, con rigor, prudencia e mirada ética.
A realidade é complexa: moitas persoas con discapacidade intelectual atopan barreiras para recibir unha atención en saúde mental axeitada, comprensible e centrada na súa vida. Por iso é fundamental seguir formando, compartindo coñecemento e traballando en rede entre entidades, profesionais, familias e sistema sanitario.
E xa temos data para seguir avanzando: o 20 de novembro celebraremos o 20º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, un encontro para reflexionar, aprender e mellorar os apoios que ofrecemos.

Reserva a data, participa e axúdanos a seguir poñendo a saúde mental no lugar que merece: no centro dos dereitos, dos apoios e da vida das persoas!
 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.