Publicamos a nosa documentación institucional para avanzar con transparencia en 2026

Poñemos a disposición das entidades e da cidadanía as memorias, contas auditadas e documentos de planificación que recollen o traballo realizado e os retos para este novo exercicio.

Publicamos a nosa documentación institucional para avanzar con transparencia en 2026

Tras a celebración da nosa Asemblea Xeral, en FADEMGA Plena inclusión Galicia publicamos a documentación institucional actualizada, co obxectivo de facilitar o acceso á información sobre a actividade da Federación, a nosa situación económica e as liñas de traballo previstas para 2026.Con esta documentación reforzamos o noso compromiso coa transparencia, a rendición de contas e a planificación responsable.

A través destes materiais, as entidades federadas, persoas socias, familias, persoas con discapacidade intelectual, profesionais e cidadanía poden coñecer mellor o traballo que desenvolvemos durante o último ano e os principais obxectivos que guiarán a nosa acción nos próximos meses.

Entre os documentos dispoñibles atoparedes:

- Memoria de Actividades 2025: recollemos os principais proxectos, servizos, programas, accións de incidencia, campañas e avances impulsados por FADEMGA ao longo do último exercicio.

- Plan de Acción 2026: definimos as prioridades, obxectivos e actuacións que orientarán o noso traballo durante este ano, en resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, das súas familias e das entidades federadas.

- Memoria Económica 2025 e informe de auditoría: presentamos a información económica da Federación e a revisión independente das contas, como parte do noso exercicio de transparencia e responsabilidade na xestión.

Asemade, todos estes documentos poden consultarse e descargarse a través da sección de transparencia da nosa páxina web.

 

Documentación da Confederación Plena inclusión

Durante a Asemblea tamén informamos sobre a documentación estratéxica da Confederación Plena inclusión, que permite coñecer o marco común de traballo do movemento asociativo a nivel estatal.

Estes documentos axúdannos a situar a acción de FADEMGA dentro dunha estratexia compartida, centrada na defensa dos dereitos, a participación das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, a transformación dos apoios, a sustentabilidade das organizacións e a construción de comunidades máis accesibles, xustas e inclusivas.

Tamén están dispoñibles para a súa descarga:

- Memoria de actividades 2025

- Contas 2025 e orzamentos 2026 (a través da sección de "Transparencia")

- Plan estratéxico de Plena inclusión

Con esta actualización documental, reafirmamos a nosa vontade de compartir información clara, útil e accesible sobre a nosa actividade, fortalecendo a confianza, a participación e o compromiso compartido dentro do movemento asociativo.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.