Presentacións do 19º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Accede a todas as presentacións utilizadas polas e polos poñentes nesta edición

Presentacións do 19º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Co propósito de seguir difundindo coñecemento, favorecendo a aprendizaxe compartida e reforzando a rede profesional que sostén o noso movemento, poñemos á disposición de toda a comunidade as presentacións das persoas poñentes que participaron na 19ª edición do Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, celebrado na Facultade de Psicoloxía da USC.

Este encontro, xa consolidado como unha cita de referencia en Galicia para profesionais, entidades sociais, familias e estudantado, centrou nesta ocasión o seu foco no benestar emocional e no impacto decisivo que exerce na vida das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, así como nas familias e nos equipos profesionais.

Un espazo que crece, evoluciona e coida da comunidade

Ao longo das súas xa case dúas décadas de traxectoria, o seminario ten demostrado ser moito máis ca un foro técnico: é un lugar de encontro onde o coñecemento científico e a experiencia práctica dialogan, reforzando a idea de que non pode haber inclusión plena sen saúde mental, nin sen redes de apoio que acompañen con humanidade, rigor e calidez. A súa inauguración institucional contou coa participación de representantes da Xunta de Galicia, do Parlamento, do CERMI Galicia e de FADEMGA Plena inclusión Galicia, que coincidiron en subliñar a necesidade de continuar avanzando cara modelos de apoio centrados na persoa e de consolidar espazos que dean voz ao que realmente importa: o benestar e os proxectos de vida das persoas.

Accede ás presentacións

A continuación atoparás as presentacións empregadas polas e polos profesionais que nos acompañaron nesta edición.

- Emocións en equilibrio.

- Envellecemento en persoas con grandes necesidades de apoio e acompañamento en positivo. 

- Fortalecer ás familias: apoio emocional en momentos clave

- Resiliencia nos equipos de apoio. 

Agardamos que che resulten útiles, inspiradoras e un recurso práctico para seguir mellorando os apoios que ofrecemos desde as entidades e servizos.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.