Poñemos en marcha novos obradoiros para apoiar o dereito ao voto das persoas con discapacidade intelectual

As entidades interesadas poden solicitar ata o 26 de outubro os obradoiros, que se desenvolverán durante o mes de novembro.

Poñemos en marcha novos obradoiros para apoiar o dereito ao voto das persoas con discapacidade intelectual

A maquinaria electoral volve poñerse en marcha e en FADEMGA queremos que todas as voces conten. Por iso, con motivo das eleccións xerais, lanzamos unha nova edición dos obradoiros «O teu votoconta: eleccións xerais 2026», unha iniciativa para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento á hora de exercer o seu dereito ao voto. Porque participar tamén é poder decidir, expresar o que queremos e ter voz nos asuntos que nos afectan. E contar cos apoios necesarios é fundamental para facelo.

Os obradoiros celebraranse durante o mes de novembro, terán unha duración de dúas horas e estarán dirixidos a grupos de entre 6 e 12 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

As datas propostas son o 16, 20, 23, 24 e 25 de novembro.

Descarga aquí toda a información sobre os obradoiros e como solicitar un na túa entidade.

Queredes organizar un obradoiro na vosa entidade?

Só tedes que cubrir este formulario de solicitude ata o 26 de outubro.

O 28 de outubro comunicarémosvos por correo electrónico se a solicitude foi admitida.

Nese mesmo correo confirmaremos a data e o horario do obradoiro e enviaremos a ligazón para inscribir as persoas participantes.

Se tedes algunha dúbida, escribídenos a areasocial@fademga.org ou chamádenos ao 981 51 96 50.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.