Participa no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”

Unha iniciativa para animar ás asociacións a implantar o Modelo de Calidade Plena

Participa no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos animarvos a participar no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”, financiado con cargo ao IRPF, cuxo obxectivo é acompañar ás entidades na implantación do Modelo de Calidade Plena.

Trátase dunha oportunidade para:

• Iniciar ou retomar o camiño cara á Calidade Plena.

• Contar con apoios, materiais e acompañamento profesional.

• Avanzar na autoavaliación e na elaboración do plan de mellora.

 

Para explicar o proxecto con calma e resolver dúbidas, organizáronse sesións informativas en liña, abertas tanto a entidades que aínda non están no sistema como a aquelas que xa estades en proceso:

Sesións informativas:

- 3 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Norte: Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón, Cataluña e Baleares. Accede nesta ligazón. 

- 4 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Sur: Comunidade Valenciana, Murcia, Melilla, Castela-A Mancha, Ceuta, Madrid, Estremadura, Andalucía e Canarias.  Accede nesta ligazón.

*(Se non podedes conectarvos o día asignado á vosa zona, podedes facelo na outra sesión)

 

:: INTERESÁCHE COMEZAR O CAMIÑO CARA A CALIDADE PLENA?

A partir do 4 de febreiro activarase tamén o formulario de inscrición no proxecto. Este formulario estará dispoñible na web de Plena inclusión, onde atoparedes ademáis documentación de apoio en lectura fácil.

Animámosvos especialmente a conectarvos á sesión informativa, escoitar a proposta e valorar con calma se este proxecto encaixa no momento actual da vosa entidade.

Para calquera dúbida, podedes contactar coa Área de Calidade de FADEMGA en: calidade@fademga.org ou chamando ao 981 51 96 50.

Agardamos vervos nas sesións e que vos animedes a dar este paso!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.