Participa na xornada "Epilepsia: investigación e innovación compartida"

Un encontro aberto á cidadanía coa participación de persoas expertas internacionais

Participa na xornada "Epilepsia: investigación e innovación compartida"

Convidámosche a participar na xornada "Epilepsia: investigación e innovación compartida", un encontro aberto á cidadanía onde falaremos sobre epilepsia, ciencia e o papel das persoas na investigación médica. Un encontro divulgativo e participativo, cun cartel de relatoras e relatores de primeiro nivel procedentes de España, Portugal e México, para falar sobre o futuro do tratamento personalizado da epilepsia, os dispositivos de diagnóstico rápido e os retos éticos da investigación en saúde.

A xornada organizarase en dúas localizacións (ambas en horario de 15:30 a 20:00 horas).

- O 19 de maio en Santiago de Compostela (Biblioteca Ánxel Casal).

- O 21 de maio en Vigo (no edificio Cambon).

Que atoparás?

- Charlas científicas adaptadas a todas as persoas: "Que é a epilepsia e como se diagnostica?", "Por que algunhas persoas non responden aos tratamentos?", "Que papel xogan os xenes e as enzimas no tratamento?".

- Innovación aplicada: Presentación do proxecto GENOPSYSEN, unha rede internacional que desenvolve sensores xenéticos baratos e de uso sinxelo para adaptar os tratamentos á resposta individual. 

- Investigación sen fronteiras: con relatoras e relatores de España, México e Portugal, e a participación de equipos de toda Iberoamérica.

Como participar

A xornada é aberta a todas as persoas interesadas: familias, profesionais, estudantes, administracións, entidades e sociedade en xeral.

Nesta ligazón podes consultar o programa da xornada, e de estar interesada/o podes inscribirte AQUÍ

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.