Obradoiro "Sabemos o que comemos?"
Aprendemos sobre o etiquetado dos produtos
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-05-2024O programa "Collendo impulso cara a inclusión social" pon en marcha un novo obradoiro sobre alimentación saudable, nesta ocasión destinado a coñecer con maior profundidade o significado do etiquetado de produtos pero tamén para aprender sobre boas prácticas alimenticias, hixiene e saúde na cociña.
A actividade desenvolverase nas localidades de Santiago e Vigo, nas seguintes datas:
En Santiago:
- o martes 21 de maio. De 16:30 – 19:00 horas
En Vigo:
- o martes 14 de maio. De 15:30 – 18:00 horas
- o martes 28 de maio. De 10:30 – 13:00 horas
PRAZAS E INSCRICIÓN
Contamos con 10 prazas para cada día, tendo prioridade as persoas do programa "Collendo Impulso cara a inclusión social".
Aquelas persoas que desexedes participar, podedes realizar a vosa inscrición a través desta ligazón.
O prazo para anotarvos estará aberto ata o venres 10 de maio.