Obradoiro: "Espazos protexidos para falar da morte"
Un espazo para abordar sentimentos, dúbidas e inquedanzas ao redor de temas tabú
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-09-2024A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas, sen embargo é un tema do que evitamos falar.
Conversar con alguén sobre a morte contribúe a que nos enfrontemos ao medo en lugar de fuxir del; pero para elo é necesario que a persoa se sinta comprendida e sen medo ao xuizo sobre a súa opinión.
Este é o obxectivo do obradoiro, dar claves e estratexias para crear espazos nos que ofrezamos ás persoas a oportunidade de expresar e compartir os seus sentimentos, dúdidas e inquedanzas sobre a morte; espazos nos que romper o tabú que supón falar da morte e escoitar diferentes opinións.
DATOS SOBRE O OBRADOIRO
O obradoiro está dirixido a profesionais das entidades, profesionais sanitarios, familiares e/ou persoas voluntarias e será dinamizado por Lucía González Vicente, arteterapeuta, fundadora e presidenta da Fundación Eomaia, con formación da Fundación Vivir un buen morir: "Vivir un buen morir y el arte de acompañar".
O prazo estará aberto ata o 16 de setembro. Unha vez finalizado confirmaremos a praza vía e-mail.
O obradoiro celebrarase na 3ª planta do Hospital Lucus Augusti (HULA), Sala 304, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
DESCARGAS E INSCRICIÓN
Nesta ligazón podes descargar a información sobre o obradoiro.