O proxecto "Aténdeme-enténdeme" inicia nova tempada!

Esta iniciativa está chamada a mellorar a comunicación entre o persoal sanitario e as persoas con discapacidade intelectual

O proxecto "Aténdeme-enténdeme" inicia nova tempada!

O  pasado 20 de setembro o proxecto "Aténdeme-Enténdeme" inaugurou unha nova tempada, cunha primeira reunión que celebramos na sede da Federación e na que participaron os equipos formadores do proxecto.  

Tratouse dunha primeira actividade destinada a facer repaso do avanzado ata agora e compartir a visión de cara a abordar unha nova tempada, na que buscaremos chegar a novos centros sanitarios onde poder formar ao persoal na atención ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Asemade, durante o encontro realizamos una obradoiro para aprender a comunicar con éxito, que nos proporcionou novas estratexias e ferramentas para mellorar a comunicación en consulta coas persoas con discapacidade intelectual. 

Ata o de agora, o proxecto "Aténdeme-Enténdeme" chegou aos centros de Carballo, Viveiro, Carballiño, Lérez, A Peregrina e Coia, así como ao centro médico de Lalín e ao centro de atención primaria de Burela. 

Se che interesa coñecer máis sobre esta iniciativa, preme nesta ligazón!  E lembra que tamén tes a información dispoñible en lectura fácil. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.