O Concello de Vigo apoia os servizos de emprego de FADEMGA na provincia de Pontevedra con 5.000 euros

A achega contribuirá a financiar as actividades da Área de Emprego dirixidas a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O Concello de Vigo apoia os servizos de emprego de FADEMGA na provincia de Pontevedra con 5.000 euros

Acceder a un emprego é un paso importante para avanzar en autonomía e construír un proxecto de vida propio. Para facilitar este camiño, FADEMGA Plena inclusión Galicia conta co apoio do Concello de Vigo, que concedeu unha subvención de 5.000 euros para os seus servizos de emprego na provincia de Pontevedra.

Esta achega destinarase ao proxecto «Servizos de emprego específicos para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento da provincia de Pontevedra», que inclúe tanto o servizo de información e orientación laboral como o servizo de apoios para o emprego. 

A axuda foi concedida o 11 de setembro de 2026, no marco da convocatoria municipal de subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades da área dos servizos sociais. O Concello de Vigo concedeu a totalidade da contía solicitada, que pasa dos 4.189,59 euros do ano anterior aos 5.000 euros desta convocatoria.

Desde FADEMGA agradecemos esta colaboración, que contribúe a dar continuidade aos apoios para avanzar na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.