"O Bo Querer"

Día da eliminación da violencia contra a muller

"O Bo Querer"

Ás veces, a violencia non está no que se di, senón no que se cala. Ás veces escóndese no cotián, no que parece normal, no que está tan preto que non vemos… pero sentímolo.

Recoñecer a violencia non sempre é doado, pero é o primeiro paso para parala.

No marco do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, presentamos "O Bo Querer", unha campaña feita dende e para as mulleres con discapacidade intelectual, que alzan a súa voz para axudarnos a recoñecer a violencia e, o máis importante, a poñerlle freo.

Elas comparten connosco as súas vivencias, as súas reflexións sobre o que significa o "bo querer" e axúdannos a distinguir entre o que é e o que non o é violencia.

Porque todas temos dereito a sentirnos seguras, respectadas e valoradas. Non deixes que a violencia pase desapercibida.

Abramos os ollos, falemos, escoitemos e actuemos…

sexamos parte da solución. 

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.