Novo seminario online sobre metodoloxía Montessori adaptada ao envellecemento

Aprende a potenciar capacidades no envellecemento!

Novo seminario online sobre metodoloxía Montessori adaptada ao envellecemento

O vindeiro 2 de outubro de 2025, organizamos o Seminario Online Montessori Adaptado: Potenciando capacidades no envellecemento, unha cita dirixida a profesionais que acompañan e apoian a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento.

A sesión desenvolverase de forma telemática en horario de 11:00 a 13:00 horas, permitindo a participación desde calquera lugar.

Unha metodoloxía centrada nas capacidades

A metodoloxía Montessori aplicada a persoas maiores baséase na organización do entorno, o uso de materiais accesibles e a adaptación de actividades, favorecendo a participación activa e o respecto polas capacidades individuais de cada persoa.

Durante o seminario, abordaranse aspectos clave desta metodoloxía e daranse a coñecer experiencias de implementación con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento. A sesión contará coa intervención de Inmaculada Orgaz Blázquez, terapeuta ocupacional da Fundación Alas Madrid, con ampla traxectoria neste ámbito.

Inscrición

A participación é de balde, mais podedes inscribirvos ata o propio día do seminario cubrindo este formulario.

Unha vez rexistradas, as persoas participantes recibiredes no voso correo electrónico a ligazón de acceso á sesión online.

 

Nesta ligazón podes consultar toda a información e cartel do seminario.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.