Coidados que importan: unha sesión de traballo para acompañar o final da vida

Reflexionamos sobre decisións e coidados ao final da vida

Coidados que importan: unha sesión de traballo para acompañar o final da vida

O vindeiro 1 de outubro, celebraremos no Centro Empresarial do Tambre (Santiago de Compostela) unha sesión de traballo sobre a planificación do final da vida, un tema sensible que merece ser abordado con dignidade, respecto e unha adecuada preparación.

Un espazo para reflexionar e dialogar

A iniciativa busca abrir un diálogo profundo arredor da autonomía na toma de decisións, a planificación anticipada e a humanización deste momento vital. No caso das persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, este proceso presenta retos específicos que requiren unha abordaxe colaborativa, informada e centrada na persoa.

A quen vai dirixida?

A sesión está especialmente orientada a profesionais e familias que acompañan e apoian a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, e que desexan comprender mellor os retos e desafíos da planificación do final da vida, promovendo unha mirada respectuosa e informada.

Programa da xornada

A xornada comezará ás 10:00 horas coa benvida e a presentación da sesión. A continuación, entre as 10:30 e as 12:00 horas, desenvolverase o bloque “Coñecemos a situación”, no que se abordarán distintos aspectos clave:

- Mª José Fernández, avogada do servizo de asesoría xurídica de FADEMGA Plena inclusión Galicia, falará sobre a autonomía e a toma de decisións anticipadas en saúde, analizando a cuestión “quen decide que?”.

- Luisa Andaluz, traballadora social na unidade de coidados paliativos do CHUAC, explicará como se pode avanzar na planificación compartida e anticipada a través do documento de vontades anticipadas ou instrucións previas.

- Finalmente, Lucía González, asistente persoal de persoas ao final da vida e presidenta da Fundación Eomaia, centrará a súa intervención na importancia de humanizar este proceso vital.

Despois dunha pausa para o café ás 12:00 horas, a xornada retomará a actividade ás 12:30 horas cun espazo de reflexión e intercambio, que se prolongará ata as 14:00 horas e servirá como peche da sesión.

 

Como podes anotarte?

Aquelas persoas interesadas en participar podedes inscribirvos ata o 24 de setembro seguindo esta ligazón

Unha vez remate o prazo de inscrición, recibiredes confirmación da vosa praza vía email. 

 

Descarga nesta ligazón o cartel e programa da xornada. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.