Nova edición do encontro anual de mulleres
16, 17 e 18 de setembro
FADEMGA Plena inclusión Galicia
16-07-2024O aloxamento rural O Abeiro da Loba, acollerá entre os días 16 e 18 de setembro unha nova edición do Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual. Unhas xornadas coas que cada ano buscamos afianzar lazos entre mulleres do movemento asociativo, promovendo a sororidade ao tempo que ofrecemos un espazo de libre expresión e intercambio de experiencias.
COMO PARTICIPAR?
Aquelas mulleres interesadas en participar neste encontro tedes que enviarnos a areasocial@fademga.org a ficha de incrición, que deberá estar debidamente cuberta e asinada.
O prazo para que acheguedes esta ficha estará aberto ata o 26 de xullo.
Contamos con 25 prazas e a selección farase por orde de chegada, (tendo prioridade as persoas que participan no Programa de Muller da Federación).
CUSTO E SAÍDA
A inscrición é de balde e os custos serán asumidos pola Federación a través do Programa de Muller, se ben o traslado ata a saída correrá a cargo de cada persoa.