Máis de 400 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado na Coruña nas oposicións da Administración Xeral do Estado

Un proceso selectivo inclusivo co 72% de persoas participantes apoiadas por FADEMGA Plena inclusión Galicia

Máis de 400 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado na Coruña nas oposicións da Administración Xeral do Estado

O vindeiro 11 de xaneiro celebraranse as oposicións da Administración Xeral do Estado para a categoría de persoal laboral fixo (ordenanza), un exame ao que están chamados a acudir na Coruña 427 persoas con discapacidade intelectual, das cales 308 forman parte do Servizo de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión.

Este grupo representa o 72% do total de persoas con discapacidade intelectual que se presentarán a este importante proceso selectivo en Galicia.

 

CARACTERÍSTICAS DO EXAME

Por primeira vez, estas oposicións celébranse de maneira descentralizada, co obxectivo de facilitar a participación das persoas con discapacidade intelectual, de maneira que o exame contará con cinco sedes: dous en Madrid, unha en Sevilla, unha en Zaragoza e unha na Coruña. Asemade, trátase dun exame único que abarca dúas convocatorias diferentes, as correspondentes aos anos 2020 e 2021.

Distribución de participantes apoiados por FADEMGA por provincias:

• A Coruña: 147 persoas (76 pertencen á delegación de A Coruña e 71 á de Santiago)

• Lugo: 33 persoas

• Ourense: 59 persoas

• Vigo: 69 persoas 

 

FORMACIÓN PREVIA E GRUPOS DE OPOSICIÓNS

Das 308 persoas membro do Servizo de Emprego da Federación, FADEMGA proporcionou formación específica a 181 participantes a través de 15 grupos organizados en distintas localidades de Galicia:

• A Coruña: 3 grupos (39 persoas)

• Santiago: 4 grupos (49 persoas)

• Narón: 1 grupo (6 persoas)

• Ourense: 3 grupos (30 persoas)

• Vigo: 2 grupos (28 persoas)

• Lugo: 2 grupos (29 persoas)

 

APOIOS IN SITU

Para garantir o éxito e a comodidade das persoas aspirantes, FADEMGA contará coa presenza de 7 profesionais que prestarán apoio directo durante o día do exame na sede da Coruña, situada na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, 15008, A Coruña).

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos destacar o esforzo, compromiso e dedicación de todas as persoas que se prepararon para este proceso que representa unha oportunidade crucial para continuar fomentando a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual, así como para visibilizar as súas capacidades e contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.