Intereses formativos para o Programa de Vida Independente
Achegádenos as vosas propostas!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-04-2024O Programa de vida independente anda a quentar motores, pero antes de iniciar unha nova tempada queremos coñecer as vosas propostas e intereses, de cara a mellorar a formación destinada a empoderar e dotar de ferramentas útiles que faciliten a vida diaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
O prazo para o envío das vosas propostas estará aberto ata o 15 de abril.
Nesta ligazón podedes descargar a ficha para realizar as vosas aportacións, que deberedes enviar a areasocial@fademga.org.
Esperamos novos retos!