FADEMGA recibe unha axuda da Deputación de Ourense para reforzar os seus Servizos de Emprego

Esta axuda permitirá reforzar a orientación laboral e o apoio ao emprego de persoas con discapacidade intelectual na provincia

FADEMGA recibe unha axuda da Deputación de Ourense para reforzar os seus Servizos de Emprego

A Deputación de Ourense vén de publicar a resolución definitiva pola que concede a FADEMGA Plena inclusión Galicia unha axuda de 6.000 euros para o proxecto “Servizos de Emprego para Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento de Ourense-2026”.

Esta achega permitirá continuar impulsando actuacións de orientación laboral, apoio á procura de emprego, acompañamento ás persoas participantes e colaboración co tecido empresarial e cos recursos públicos da provincia.

O obxectivo do proxecto é mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, favorecendo a súa participación no mercado laboral e avanzando cara a unha maior autonomía e inclusión sociolaboral.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia agradecemos o apoio da Deputación de Ourense a unha iniciativa que contribúe a abrir oportunidades reais de emprego para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.