FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico

Acende o dereito a sentir, gozar e decidir!

FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico

FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico destinado a promover unha sexualidade saudable e respectuosa entre as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Este servizo nace da necesidade de ofrecer apoio e recursos adaptados para resolver dubidas, orientar e sensibilizar sobre dereitos sexuais.

 

Que ofrece ACENDE?

ACENDE ofrece un espazo de apoio no que traballar distintos aspectos relacionados coa sexualidade e as relacións interpersoais, atendendo sempre ás necesidades individuais de cada persoa.

Algúns dos temas que trataremos son:

- Promoción da saúde sexual e reprodutiva en tódalas etapas vitais.

- Recoñecemento da identidade de xénero, expresión de xénero e orientación sexual.

- Dereitos sexuais.

- Elaboración e difusión de materiais adaptados ás necesidades e demandas.

- Orientación nos cambios corporais asociados á sexualidade.

- Prevención do abuso e traballo sobre o consentimento sexual.

- Fomento do bo trato, o respecto pola intimidade e polo propio corpo.

- Apoio no aprendizaxe de relacións igualitarias e saudables.

- Resolución de dúbidas sobre anticoncepción, embarazo e hixiene íntima.

- Información sobre disfuncións eróticas, expresión de desexos e necesidades.

- Orientación en dificultades na parella e outros aspectos relacionados co benestar emocional e sexual.

 

Quen pode solicitar o servizo?

O servizo ACENDE está dirixido ás mulleres con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, pero tamén a profesionais e familias que precisen orientación ou recursos para mellorar a educación sexual e garantir unha sexualidade saudable e segura.

 

Como solicitar o servizo?

Para solicitar o servizo Acende tes que chamar ou enviar un WhatsApp ao teléfono 683 43 00 12.

Tamén podes mandar un correo a sexualidade@fademga.org

Despois tes que cubrir:

Despois de facer a solicitude poñerémonos en contacto contigo para ter unha reunión.

 

Nas seguintes ligazóns podes descargar: 

- Información do Servizo

- Información do Servizo en lectura fácil

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.