FADEMGA Plena inclusión Galicia e Consellería de Política Social chegan a un acordo que pon fin á convocatoria de mobilizacións

A entidade valora positivamente o paso dado pola Xunta e aposta por manter o diálogo

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Consellería de Política Social chegan a un acordo que pon fin á convocatoria de mobilizacións

Tras meses de reivindicacións e dun intenso proceso de diálogo co Goberno galego, FADEMGA Plena inclusión Galicia informa de que, despois da reunión mantida o pasado 22 de outubro, e da nova xuntanza celebrada hoxe coa conselleira de Política Social, Fabiola García, federación e consellería chegaron a uns termos de acordo que foron expostos e debatidos nunha asemblea coas entidades federadas.

Durante a reunión, as entidades manifestaron a súa conformidade cos compromisos alcanzados, valorando positivamente os avances producidos e a vontade de consenso amosada por ambas partes para garantir a continuidade e a estabilidade do modelo do Concerto Social.

Como consecuencia deste acordo, FADEMGA Plena inclusión Galicia comunica que queda suspendida tanto a concentración prevista para o mércores 29 de outubro ante San Caetano, como as posteriores concentracións fronte ao Parlamento.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos agradecer o apoio, o compromiso e unidade de todas as entidades, profesionais e familias que fixeron posible manter firme a defensa dun sistema que garante a atención e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento en Galicia.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.