FADEMGA Plena inclusión Galicia e Banco Sabadell asinan un convenio para facilitar mellores solucións financeiras ás entidades do movemento asociativo

O acordo establece un marco de colaboración para dar resposta ás necesidades bancarias das entidades na súa xestión ordinaria e nos seus investimentos

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Banco Sabadell asinan un convenio para facilitar mellores solucións financeiras ás entidades do movemento asociativo

FADEMGA Plena inclusión Galicia e Banco Sabadell asinamos este martes un convenio de colaboración co fin de establecer un marco de apoio financeiro que dea resposta ás necesidades das entidades do movemento asociativo, tanto na súa xestión ordinaria como nos seus investimentos, a través dunha oferta específica de produtos e servizos bancarios en condicións preferentes.

O acordo foi asinado por David Martís, director rexional de Galicia Norte do Sabadell e por Eladio Fernández, presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia. No acto de sinatura tamén estiveron presentes por parte de Banco Sabadell, José María Baena, director de Institucións Relixiosas e Terceiro Sector desta entidade financieira; e Nuria García, directora da oficina de Santiago. Por parte de FADEMGA Plena inclusión Galicia participou tamén Manel Fernández, xerente da entidade.

No marco deste convenio, Banco Sabadell porá a disposición das entidades vinculadas a FADEMGA unha ampla gama de produtos e servizos financeiros orientados a financiar tanto os gastos ordinarios como os investimentos, segundo as necesidades de cada organización. Entre eles inclúense contas correntes sen comisións de administración e mantemento, solucións de financiamento, pólizas de crédito, terminais de punto de venda, ferramentas para a xestión de cobros e sistemas que facilitan a recollida de doazóns entre outros.

Proxecto ético e solidario

Outro dos aspectos destacados do texto é a posibilidade de que FADEMGA Plena inclusión Galicia e as súas entidades poidan participar no Proxecto Ético e Solidario de Banco Sabadell, unha iniciativa orientada a apoiar proxectos de carácter social e humanitario conforme ás bases que se publiquen en cada convocatoria anual. A duración inicial do convenio será de dous anos, con renovación automática por períodos anuais agás que algunha das partes comunique a súa vontade de non prorrogalo coa antelación establecida.

Con esta sinatura, FADEMGA Plena inclusión Galicia reforza o seu compromiso de seguir promovendo ferramentas útiles e oportunidades para as súas entidades, favorecendo un contorno máis estable para o desenvolvemento da súa actividade e para a atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.