FADEMGA impulsa a accesibilidade cognitiva no Museo Centro Gaiás

Profesionais da Federación e persoas con discapacidade intelectual están avaliar a sinalización, a orientación e a comprensión dos espazos

FADEMGA impulsa a accesibilidade cognitiva no Museo Centro Gaiás

En FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos traballando para que os espazos culturais sexan máis comprensibles, accesibles e acolledores para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Nesa liña, o pasado luns participamos nunha xornada práctica no Museo Centro Gaiás, dentro do traballo conxunto que estamos a desenvolver coa Fundación Cidade da Cultura.

Durante a actividade, persoas con discapacidade intelectual e profesionais en formación percorreron diferentes itinerarios de acceso ao Museo e tamén o propio edificio, co obxectivo de analizar como se entende, se percorre e se utiliza este espazo desde a experiencia real das persoas visitantes.

Ao longo da xornada puxemos o foco en cuestións fundamentais como a identificación dos accesos, a claridade da sinalización, a orientación dentro do edificio ou a facilidade para desprazarse polas distintas estancias. As achegas recollidas servirán para formular propostas de mellora concretas que permitan avanzar na accesibilidade cognitiva do Gaiás. Porque falar de accesibilidade non é só eliminar barreiras físicas: tamén significa garantir que todas as persoas poidan comprender os espazos, orientarse neles e desfrutalos con autonomía e seguridade.

Esta acción enmárcase no convenio de colaboración asinado o pasado mes de xaneiro entre a Fundación Cidade da Cultura e FADEMGA Plena inclusión Galicia, un acordo que nos permite seguir dando pasos para facer máis inclusivos os contidos, os espazos e a programación cultural do Gaiás. Desde FADEMGA valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas, que sitúan a accesibilidade cognitiva no centro e recoñecen algo fundamental: que a cultura debe ser un dereito real e exercible para toda a cidadanía.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.