FADEMGA e as súas entidades membro reciben financiamento da Xunta de Galicia para desenvolver diferentes proxectos sociais
FADEMGA Plena inclusión Galicia
30-04-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia e varias das súas entidades membro recibiron financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, para desenvolver diferentes proxectos destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e das súas familias.
Estas axudas enmárcanse nas subvencións para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, financiadas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades.
Os proxectos financiados abranguen diferentes ámbitos de actuación, como a inclusión social e laboral, o apoio ás familias, a promoción da igualdade, a accesibilidade, o voluntariado, o ocio inclusivo e a mellora de instalacións e equipamentos.
Achegamos dous documentos nos que se pode consultar a relación das entidades executantes, os proxectos financiados e os importes concedidos, correspondentes ás seguintes resolucións:
Estas axudas contribúen a dar continuidade a iniciativas que promoven os dereitos, a autonomía persoal, a participación social e a inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en Galicia.

