Curso de extensión universitaria "O acceso á xustiza para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"

Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir!

Curso de extensión universitaria "O acceso á xustiza para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"

Moitas persoas con discapacidade intelectual seguen sen acceder á xustiza en igualdade de condicións. Os axustes de procedemento están recoñecidos pola ONU e pola normativa estatal, e son claves para garantir o dereito a entender e ser entendido no ámbito xudicial.

Por iso colaboramos neste curso da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) que se celebrará do 5 ao 15 de maio de 2025, presencial ou online (en directo ou en diferido).

Dirixido a:

- Persoal xudicial.

- Corpos e forzas de seguridade.

- Persoal técnico e profesionais do ámbito da discapacidade.

- Persoas interesadas na defensa dos dereitos.

Con intervención de profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia e outras expertas en facilitación, dereito procesual, accesibilidade e atención a persoas en contornas penais.

Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir.

Consulta o programa completo e inscríbete aquí 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.