Abrimos convocatoria para os viaxes IMSERSO

Xa podes consultar os destinos dispoñibles para este ano

Abrimos convocatoria para os viaxes IMSERSO

O lecer e o tempo libre son dimensións fundamentais para o desenvolvemento persoal e para a participación plena na comunidade. Non se trata só de desfrutar, senón de exercer un dereito ligado á calidade de vida e á inclusión social.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia levamos anos promovendo a participación das persoas con discapacidade intelectual no Programa de Vacacións IMSERSO, garantindo que cada proposta teña en conta as súas preferencias, intereses e necesidades de apoio. A través deste programa buscamos xerar oportunidades de lecer en contornas normalizadas, fomentando a convivencia entre persoas con e sen discapacidade e fortalecendo redes de apoio natural na comunidade.

A convocatoria para solicitar destinos este 2026 xa está aberta, e podedes presentar a documentación ata o vindeiro 12 de marzo. 

Se tes dúbidas á hora de xestionar a solicitude, podes chamar ao 981 51 96 50 ou escribir a ocio@fademga.org.

Aquí podes descargar a documentación coas instrucións, os destinos e os formularios necesarios:

Convocatoria 2026

Anexo 1. Compromiso de participación

Anexo 2. Pautas difusión

Anexo 3. Baremos

Condicións xerais

 

* Aquelas persoas que fagades a solicitude de maneira indivual (é dicir, que non pertenzades a ningunha entidade federada) podedes contactar coas nosas delegacións. 

VACACIÓNATE!

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.