Abrimos as inscricións para o 20º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Vinte edicións compartindo coñecemento e buscando mellores maneiras de acompañar ás persoas.

Abrimos as inscricións para o 20º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Como podemos apoiar mellor ás persoas con discapacidade intelectual que teñen problemas de saúde mental? Esta pregunta guiará o 20º Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental de FADEMGA Plena inclusión Galicia, que se celebrará o 20 de novembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta edición abordaremos a relación entre epilepsia e saúde mental nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, a importancia de como escoitamos e acompañamos e as intervencións non farmacolóxicas. Compartiremos experiencias que amosan como as relacións, o apoio ás familias e a coordinación entre servizos poden mellorar a vida das persoas.

Descarga aquí o programa completo e toda a información para inscribirte.

A xornada, declarada de interese sanitario, está dirixida a profesionais, familiares, voluntariado, estudantes e calquera persoa interesada nesta temática.

O primeiro prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de novembro, con tarifas reducidas respecto do segundo prazo, que irá do 14 ao 18 de novembro.

Agardámoste para compartir aprendizaxes e seguir construíndo unha atención máis próxima ás persoas!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.