Abrimos a convocatoria de «Concilia con Tradición», con dúas saídas para celebrar o Samaín e o Magosto

As familias interesadas poden solicitar a participación a través da súa entidade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro.

Abrimos a convocatoria de «Concilia con Tradición», con dúas saídas para celebrar o Samaín e o Magosto

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha «Concilia con Tradición», unha proposta que combina o apoio á conciliación co gozo das tradicións.

A convocatoria ofrece dúas saídas, Samaín e Magosto, dirixidas a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento das entidades federadas.

A iniciativa busca facilitar tempos de descanso ás familias e contribuír ao benestar das persoas coidadoras. Ao mesmo tempo, ofrece ás persoas participantes unha oportunidade para compartir actividades, coñecer xente doutras entidades e gozar de experiencias de convivencia e participación social.

Dúas saídas para vivir o outono

As estadías terán unha duración de 4 días e 3 noites, con aloxamento en réxime de pensión completa e un programa de actividades vinculado ás tradicións populares galegas:

- Saída Samaín: do 29 de outubro ao 1 de novembro, no Hotel Balneario Laias Caldaria, en Ourense.

- Saída Magosto: do 10 ao 13 de novembro, no Hotel Balneario Arnoia, en Ourense.

En cada quenda poderán participar dúas entidades federadas, cun grupo de 9 persoas por entidade, das cales un mínimo de dúas serán persoal de apoio.

As entidades organizarán os grupos e os apoios necesarios, e asumirán os desprazamentos ata o lugar da actividade e os que se realicen durante a estadía.

Onde podes consultar máis información?

Nestes documentos podes consultar as condicións para participar, os documentos que hai que presentar e as actividades de cada saída:

- Dosier informativo

-  Programa da saída "Samaín"

- Programa da saída "Magosto"

 

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.