Ábrese o prazo de inscrición para o Encontro de Familias 2025: “Un camiño compartido”

Un espazo para compartir experiencias, dar voz ás persoas con discapacidade intelectual e acompañar ás familias.

Ábrese o prazo de inscrición para o Encontro de Familias 2025: “Un camiño compartido”

O vindeiro 28 de xuño, Santiago de Compostela converterase nun espazo de encontro, reflexión e apoio mutuo coa celebración do noso tradicional Encontro de Familias, que nesta edición levará por lema “Un camiño compartido”.

A través desta consigna, queremos destacar a importancia de camiñar xuntas: persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e entidades, reforzando os lazos que nos unen e poñendo no centro o valor de compartir e acompañar.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o 18 de xuño.

Nesta ligazón podes descargar o programa e a información necesaria para formalizar a túa inscrición. 

Lembra! Este Encontro é unha oportunidade única para sumar, compartir experiencias e seguir fortalecendo a nosa rede. Porque cando o camiño se comparte, cada paso cobra máis sentido. Non quedes fóra!

Podes consultar toda a información detallada e acceder ao formulario de inscrición premendo aquí.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.