Aberto o prazo de inscrición no curso “Liderado na práctica”

Un curso para reflexionar, guiar e reforzar o liderado profesional no desenvolvemento de bos apoios.

Aberto o prazo de inscrición no curso “Liderado na práctica”

FADEMGA Plena inclusión Galicia abre a convocatoria do curso “Liderado na práctica”, unha proposta formativa dirixida a responsables de servizos e persoas xestoras de equipos que queiran reforzar o seu papel no acompañamento profesional e no desenvolvemento de bos apoios.

A formación será impartida por Laura Garrido Marijuán, directora técnica de persoas en APADIS e colaboradora en programas de Plena inclusión, e desenvolverase en liña, a través da plataforma de formación de Plena inclusión, do luns 4 de maio ao luns 15 de xuño de 2026.

Ademais do traballo na plataforma, o curso inclúe dúas sesións en modalidade de aula virtual, que terán lugar nos seguintes días:

14 de maio, de 17.00 a 18.00 horas

28 de maio, de 17.00 a 18.00 horas

Entre os obxectivos desta acción formativa destacan:

- Crear ferramentas para que os e as profesionais poidan desenvolver un liderado aplicado á práctica diaria;

- Reflexionar sobre as claves para mostrar, orientar e guiar o camiño no desenvolvemento de bos apoios.

INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 23 de abril.

As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude a través deste formulario e consultar o programa completo do curso aquí. 

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a admisión do alumnado comunicarase a partir do 27 de abril, por correo electrónico, ao enderezo indicado na solicitude.


Esta acción formativa é de balde grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.