A Deputación de Pontevedra apoia os servizos de emprego de FADEMGA cunha achega de 4.000 euros

A colaboración contribúe a ofrecer orientación laboral e apoios para o emprego ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento da provincia.

A Deputación de Pontevedra apoia os servizos de emprego de FADEMGA cunha achega de 4.000 euros

Acceder a un emprego é unha oportunidade para gañar autonomía, desenvolver capacidades e construír un proxecto de vida propio. Para acompañar este camiño, FADEMGA Plena inclusión Galicia conta co apoio da Deputación de Pontevedra, que concedeu unha subvención de 4.000 euros para os seus servizos de emprego na provincia.

Esta achega destinarase ao proxecto «Servizos de emprego específico para persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento da provincia de Pontevedra», que abrangue as actividades do Servizo de Información e Orientación Laboral e do Servizo de Apoios para o Emprego. A través destes servizos, ofrecemos orientación e acompañamento para que as persoas poidan avanzar no seu itinerario laboral, con apoios adaptados ás súas necesidades.

A axuda foi concedida o 4 de setembro de 2026, dentro da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social. A Deputación concedeu a totalidade da contía solicitada, que mantén os 4.000 euros do ano anterior.

Desde FADEMGA agradecemos esta colaboración, que contribúe a dar continuidade aos nosos servizos e a promover oportunidades de emprego para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento da provincia de Pontevedra.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.