A área de Emprego e Formación de FADEMGA recibe unha subvención do Concello de Vigo para actividades en 2025

A área de Emprego e Formación de FADEMGA recibe unha subvención do Concello de Vigo para actividades en 2025

FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de recibir unha subvención do Concello de Vigo, no marco da convocatoria de axudas a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos Servizos Sociais durante o ano 2025. A cuantía concedida ascende a 4.189,59 €, unha cifra que supón un incremento significativo respecto de anos anteriores.

Esta mellora do financiamento permitirá reforzar as accións que a Federación desenvolve en Vigo e na súa área de influencia, orientadas a mellorar a empregabilidade e formación do colectivo. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos agradecer ao Concello de Vigo o seu apoio continuado e o recoñecemento ao labor das entidades sociais, que traballan día a día por unha sociedade máis xusta e solidaria.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.