Rede de asesoramento en conduta
Colaboramos, asesoramos, fortalecemos
A Rede de Asesoramento en Conduta ten como obxectivo asesorar, fortalecer e colaborar con institucións, organizacións e familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, ante situacións condutuais de difícil manexo. Todo elo, dende un enfoque preventivo e centrado na persoa, orientado a mellorar a súa calidade de vida, así como a fortalecer as competencias da súa rede de apoio, promovendo contornas de vida significativas e saudables para todas as persoas implicadas.
COMO TRABALLA A REDE?
O traballo do grupo de profesionais que compón a Rede comeza coa recollida de información. Para elo, realízanse reunións en liña coas diferentes persoas que prestan apoios á persoa con discapacidade intelectual. Indágase sobre a súa traxectoria vital, os seus gustos e preferencias, a súa rutina... Estas reunións adoitan durar entre unha hora / hora e media. Posteriormente, realízanse cuestionarios e/ou rexistros co fin de coñecer con maior profundidade á persoa e a súa conduta.
A partir desta información, acórdanse estratexias e/ou actuacións (o que chamamos un "plan de apoio") para promover cambios que melloren a situación. Nas reunión en liña que organizamos de xeito periódico, faise un seguimento exhaustivo das estratexias, para coñecer se están a funcionar e valorar se é necesario axustalas ou mesmo cambialas.
Tamén cabe a posibilidade de marcar obxectivos que axuden a valorar cando é necesario finalizar o acompañamento e sustituílo por reunións de seguimento.
COMO PODES SOLICITAR O APOIO DA REDE?
Se detectas un problema de conduta grave, cuxo apoio está a ser complexo, podes solicitar información sobre a axuda que che pode ofrecer a Rede escribindo a: asesora.conduta@fademga.org ou chamando ao 698 182 179.
Se xa tes claro que queres solicitar o apoio da Rede, podes cumprimentar a Ficha de solicitude e a Ficha de autorización e adxuntala por correo a asesora.conduta@fademga.org.
Asemade, se en calquera momento queres darte de baixa na Rede, podes facelo solicitando a ficha de baixa e achegándoa a asesora.conduta@fademga.org.
MÁIS INFORMACIÓN
Nesta ligazón podes descargar o documento con toda a información da Rede e coñecer ás profesionais que a compoñen.


