Grupo de discapacidade intelectual e saúde mental
Achegándonos a cada realidade

O Grupo de traballo de Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento e Saúde Mental de FADEMGA Plena inclusión Galicia está formado por profesionais de distintos ámbitos: psicoloxía, psiquiatría, traballo social, educación, pedagoxía e outros perfís.
Somos persoas de diferentes entidades e puntos de Galicia, con experiencia directa no acompañamento a persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental.
Traballamos dende a cooperación, sen xerarquías, compartindo coñecemento e aprendendo xuntas para dar mellores respostas.
O NOSO OBXECTIVO
Traballamos para que as persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental, e as súas familias, teñan unha atención adecuada, coordinada e centrada na persoa.
En concreto, buscamos:
- Ser un espazo de apoio e referencia para profesionais.
- Mellorar a formación e compartir boas prácticas baseadas na evidencia.
- Favorecer a coordinación entre o ámbito social e o sanitario.
- Dar visibilidade a esta realidade e ás necesidades detectadas.
QUE FACEMOS?
- Reunións periódicas para analizar casos e compartir criterios.
- Pequenos espazos de formación interna e intercambio de experiencias.
Identificación de necesidades e barreiras nos servizos.
Organización do Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental.
Elaboración de materiais prácticos para mellorar a intervención.
QUERES FORMAR PARTE?
Se es profesional do ámbito social, educativo ou sanitario e tes interese na discapacidade intelectual e na saúde mental, este grupo tamén pode ser o teu espazo!
Cada achega conta e pode marcar a diferenza na vida de moitas persoas.
Podes escribirnos neste formulario amosando o teu interese en participar.
Aquí podes descargar máis información sobre o programa.

