XXII Congreso AETAPI “Autismo: Toda unha vida que acompaña

Organiza: AETAPI

Datos Xerais:

Categoría: Congreso

Prezo: Varios precios

Presencial: si

Lectura fácil: non

Cando: 19, 20 y 21 de noviembre de 2026

Enlace do curso: https://congresoaetapi.org/inscripciones/

Descrición

Falar de “toda unha vida que acompañar” é falar de responsabilidade, de coherencia e de compromiso. É recoñecer que o noso labor profesional non pode limitarse a momentos concretos nin a respostas parciais. Acompañar implica soster, axustar, aprender e crecer xunto ás persoas con autismo en cada etapa do seu percorrido vital.

Sabemos que o coñecemento científico avanza e que os modelos evolucionan. Pero tamén sabemos que hai algo que permanece: a necesidade de ofrecer apoios respectuosos, personalizados e baseados na evidencia, que sitúen á persoa no centro e respecten a súa dignidade, os seus dereitos e o seu proxecto de vida.

Este Congreso quere ser un espazo para pensar xuntos, para cuestionarnos, para actualizar prácticas e para fortalecer redes. Un lugar onde a ciencia dialogue coa experiencia, onde a ética oriente as nosas decisións e onde reafirmemos que acompañar non é dirixir, senón camiñar ao lado, con escoita, con rigor e con humanidade.

XXII Congreso AETAPI “Autismo: Toda unha vida que acompaña