Xornada formativa «Repensando a inclusión: persoas, dereitos e oportunidades»

Organiza: Asociación Íntegro

Datos Xerais:

Categoría: xornada

Prezo: 5 euros

Dirixido a: A iniciativa está dirixida ao público xeral e, especialmente, a profesionais dos ámbitos social, educativo, sanitario e comunitario, así como a entidades, familias e persoas interesadas na discapacidade e na igualdade de oportunidades.

Presencial: si

Lectura fácil: non

Cando: 12 de decembro de 2026 de 9:30 a 14:00 horas

Enlace do curso: https://www.integro.es/integro-reunira-en-carballo-profesionais-de-referencia-para-repensar-a-inclusion-desde-os-dereitos-e-as-oportunidades/

Descrición

A asociación Íntegro celebrará o 12 de decembro unha nova xornada formativa titulada «Repensando a inclusión: persoas, dereitos e oportunidades», unha iniciativa que busca xerar un espazo de encontro, aprendizaxe e reflexión arredor dos principais retos para avanzar cara a unha sociedade máis accesible, equitativa e participativa.

O encontro terá lugar no auditorio do Fórum do Concello de Carballo, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e contará coa participación de profesionais de entidades especializadas como Acadar, Cogami, Cegasal, +Porvir e Fundación ENKI, que achegarán experiencias, coñecementos e ferramentas prácticas desde diferentes ámbitos de intervención.

Esta nova convocatoria dá continuidade a un primeiro encontro, celebrado hai un ano baixo o título «Xornada sobre sexualidade sen barreiras», ampliando nesta ocasión o foco a outras cuestións esenciais para garantir os dereitos, a autonomía e a participación das persoas con discapacidade na sociedade.

Baixo a premisa de que todas as persoas teñen dereito a elixir, participar, gozar e construír o seu propio proxecto de vida, a proposta pretende afondar na necesidade de crear contornas accesibles, proporcionar os apoios adecuados e recoñecer a diversidade como un valor inherente á sociedade.

Xornada formativa  «Repensando a inclusión: persoas, dereitos e oportunidades»