Xornada «Avanzar en dereitos para transformar a educación»

Organiza: Confederación Autismo España

Datos Xerais:

Categoría: xornada

En liña: si

Lectura fácil: non

Cando: Miércoles 4 de noviembre de 9:00 a 14:00 h

Enlace do curso: https://autismo.org.es/agenda/jornada-avanzar-en-derechos-para-transformar-la-educacion/

Descrición

Unha xornada na que compartiremos datos, experiencias e propostas para avanzar na protección dos dereitos do alumnado autista.

Nela abordaremos:  

Situación e necesidades do alumnado con autismo. Coñeceremos os datos que permiten comprender os retos aos que se enfronta e os resultados do estudo que realizamos sobre as experiencias de malos tratos entre iguais. 

Avances fronte ao acoso e o ciberacoso escolar. Compartiremos o traballo do grupo de expertos no que participamos xunto a representantes das administracións públicas, as forzas e corpos de seguridade e institucións dos ámbitos xurídico e educativo. 

Boas prácticas europeas. Descubriremos iniciativas desenvolvidas en países da Unión Europea para previr e combater o acoso escolar. 

Itinera. Coñeceremos o programa que impulsamos xunto ao Centro Español de Autismo para promover unha educación de calidade para o alumnado autista. 

 Dereitos dixitais dos menores con autismo. Presentaremos unha guía para contribuír á protección dos seus dereitos nas contornas dixitais.

Xornada «Avanzar en dereitos para transformar a educación»