Programa Campus Inclusivos, Campus sen Límites
Organiza: FUNDACIÓN ONCE
Datos Xerais:
Categoría: Formación
Dirixido a: Pueden preinscribirse estudiantes que cumplan estos requisitos: • Estar cursando 4.º de ESO, Formación Profesional o Bachillerato. • Tener interés en conocer la experiencia universitaria. • Estar dispuesto/a a convivir en un campus universitario durante v
Presencial: si
Lectura fácil: non
Cando: Durante los meses de julio y septiembre de 2026. La duración de las estancias varía entre 7 y 10 días.
Enlace do curso: https://campusinclusivos.fundaciononce.es/https://campusinclusivos.fundaciononce.es/
Descrición
O programa Campus Inclusivos, Campus sen Límites ofrece a posibilidade de vivir a experiencia universitaria por ata dez días. Estudantes de cuarto de Educación Secundaria desfrutan da vida nas aulas, participan en actividades culturais e inician novas amizades en diferentes campus universitarios.
Este programa está dirixido a estudantes indecisos, que non están seguros do seu tránsito aos estudos superiores. O fin de “Campus Inclusivos, Campus sen Límites” é disipar esas dúbidas. Se os mozos non teñen claro que a universidade sexa unha opción, se non saben que programa ou carreira queren estudar, este programa é para eles.
Neste tempo poderán desfrutar de actividades de orientación, experimentar diferentes materias en aulas e laboratorios, vivir na residencia universitaria e informarse sobre as diferentes opcións académicas. Esta experiencia brinda a oportunidade de coñecer e compartir con outros mozos que tamén se enfrontan ás ilusións e preocupacións que conleva o tránsito dunha etapa educativa a outra. Un día en Campus Inclusivos, Campus sen Límites, pode incluír unha clase de robótica, unha sesión de orientación vocacional, unha mesa redonda con catedráticos de distintas carreiras universitarias, unha clase de mergullo ou un concerto, e moitos bos intres con amigos. O único que non é benvido é o aburrimento.

