Probas de certificación para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación)
Organiza: Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia
Datos Xerais:
Categoría: formación dixital
Dirixido a: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ter un mínimo de 16 anos. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede
Presencial: si
Lectura fácil: non
Cando: Intermedio.- Outubro 7, 8 e 9 as 10.00 horas-12.00 horas-16.30 horas. 14, 15 e 16 as 10.00 horas-12.00 horas-16.30 horas. Iniciación.- Decembro 2, 3 e 4as 10.00 horas-12.00 horas-16.30 horas
Enlace do curso: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0177-130826-0001_gl.pdf
Descrición
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, na súa condición de entidade
pública instrumental do sector público, ten entre as súas funcións favorecer un contexto di-
xital en que a cidadanía poida alcanzar, actualizar e mellorar as súas competencias dixitais,
en liña cos cambios e os usos tecnolóxicos que se integren na sociedade.
Para tal fin, e tendo como referente o Marco europeo de competencias dixitais na súa
versión DigComp 2.2, o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, regulou o Marco galego de
competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, de acordo co esta-
blecido na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, co obxectivo de
alcanzar unha cidadanía dixitalmente responsable nunha contorna en que, cada vez máis,
se require o uso da tecnoloxía case a diario

