Menos barreiras, máis participación: accesibilidade cognitiva no deporte, no lecer e na cultura

Organiza: Federación Autismo Galicia

Datos Xerais:

Categoría: Formación

Prezo: Gratuíto

Dirixido a: Persoal técnico, coordinador, director e monitorado de servizos municipais e concellos responsables de actividades extraescolares, deportivas, culturais e de ludoteca, así como outros profesionais destes ámbitos en entidades públicas ou privadas.

En liña: si

Lectura fácil: non

Cando: Mércores 17 de setembro de 2026, de 9:00 a 13:00h.

Enlace do curso: https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=4783&V_idmod=121

Descrición

A formación 'Menos barreiras, máis participación: accesibilidade cognitiva no deporte, no lecer e na cultura' forma parte dunha iniciativa da Federación Autismo Galicia, financiada pola Fundación ONCE e promovida pola Confederación Autismo España, que ten como obxectivo ofrecer información, recursos e ferramentas ás comunidades locais para que os seus espazos, servizos e actividades de deporte, ocio e cultura sexan máis accesibles desde unha perspectiva cognitiva. 

Con demasiada frecuencia, as persoas autistas atopan barreiras que lles dificultan participar nestas actividades. Non se trata de barreiras derivadas do autismo, senón de espazos e dinámicas deseñados sen ter en conta necesidades tan básicas como comprender a información, anticipar o que vai suceder ou contar cunha estrutura clara e previsible. 

Coa chegada do novo curso e o arranque das actividades extraescolares, deportivas, culturais e de ludoteca, o proxecto ACCELOCAL pon en marcha esta nova sesión formativa, que ofrece ferramentas prácticas e coñecementos clave para crear contornas accesibles, seguras e inclusivas desde o primeiro día. 

Menos barreiras, máis participación: accesibilidade cognitiva no deporte, no lecer e na cultura