Virada Equipos

Datos Generales:

Categoría: Transformación Dixital

Precio: O prezo de inscrición de 1 equipo de ata 5 persoas está pendente de concretar. Equipo de máis de 5 persoas terán o prezo máis elevado, a consultar coa persoa responsable do Programa. Este programa é bonificable tanto pola Fundación Estatal para a Formación e o Emprego e pode ser xestionada por ALGALIA.

Dirigido a: Equipos naturais de traballo, preferiblemente de entidades de economía social.

Presencial: si

Lectura fácil: no

Cuando: De marzo a xuño de 2024

Enlace del curso: https://algalia.com/gl/programa-virada/virada-equipos/

Descripción

O propósito de VIRADA para o fortalecemento de equipos (VIRADA  Equipos) é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.

Con VIRADA Equipos queremos contribuír a construír equipos afectivos e efectivos que alcanzan a calidade desde a calidez.

Entendemos por equipos naturais aqueles que se configuran nas organizacións para o desenvolvemento dunha función ou a execución dunha tarefa, e que establecen entre os seus membros vínculos  relacionais de certa continuidade.

Por exemplo: o equipo de dirección dunha entidade, un equipo técnico dunha organización, un equipo de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización…

As actividades principais que estruturan o programa son:

  1. Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
  2. Encontros presenciais outdoor.
  3. Talleres de contido sobre liderado.
  4. Coaching de equipo.

VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.