Únete á nosa Rede de Accesibilidade Cognitiva!
Mellorando a accesibilidade cognitiva dos espazos nos que vivimos
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-04-2024Como sabedes, dende a federación estamos comprometidas coa construcción dun mundo máis comprensible, onde todas as persoas podan acceder e comprender a información que nos rodea nos espazos habituais onde facemos vida.
Por elo, este 2024 queremos darlle un impulso á nosa Rede de Accesibilidade Cognitiva, coa incorporación de novos profesionais.
O obxectivo é ampliar este equipo chamado a compartir coñecementos, coordinar accións e realizar proxectos conxuntos que melloren a accesibilidade cognitiva na nosa comunidade.
COMPOSICIÓN DA REDE E PRAZO PARA ANOTARSE
A Rede de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA naceu no ano 2020 e está formada por grupos de profesionais das entidades federadas e persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento (mínimo un profesional e unha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de cada entidade).
Aquelas persoas interesadas en unirvos, tedes de prazo para enviar a ficha de inscrición ata o 15 de abril. Podedes achegala a areasocial@fademga.org.
Nestas ligazóns podedes descargar:
- Documento informativo da Rede
- Inscrición para as persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento
- Inscrición para os profesionais de entidades
Únete ao cambio!