O delegado do Goberno recibe a FADEMGA co fin de coñecer as problemáticas derivadas da aplicación da lei 8/21

Trátase da Lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade na práctica do exercicio da súa capacidade xurídica

O delegado do Goberno recibe a FADEMGA co fin de coñecer as problemáticas derivadas da aplicación da lei 8/21

O secretario de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Miguel López ven de reunirse con Pedro Blanco Lobeiras delegado do Goberno en Galicia, co fin de expoñer as problemáticas derivadas da aplicación da lei 8/21.

O secretario da Federación expresoulle as principais preocupación do colectivo a tenor desta Lei, como as diferenzas que se están xerando a nivel do Estado a raíz das distintas posturas que manteñen as fiscalías superiores en relación á medida de apoio que deba establecerse por defecto nos procesos de revisión. 

Houbo tempo tamén para abordar a situación daquelas persoas ás que se lles outorgou como medida de apoio unha garda de feito, pois na práctica esto supón que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias non podan beneficiarse das deducións fiscais nin da consideración de unidade familiar. 

Por outra banda, en relación coas familias numerosas solicitámoslle que se inclúa expresamente no proxecto de lei de familias a aquelas conformadas por familiares sobre os que se estableceu algunha medida xudicial de apoio, con independencia de que esta sexa unha garda de feito ou unha curatela. 

Trátanse, todas elas, de problemáticas que subliñan a necesidade de abordar as lagoas e as inconsistencias na aplicación da Lei 8/21 para asegurar a protección e o benestar das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias en Galicia e en toda España e que o delegado do Goberno comprometeuse a trasladar ao ministro de Presidencia Félix Bolaños así como á ministra de Facenda María Jesús Montero. 
 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.