"Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma"
Unímonos ao manifesto do Cermi estatal con motivo do Día do Orgullo
FADEMGA Plena inclusión Galicia
17-06-2024Desde o movemento asociativo de FADEMGA Plena inclusión Galicia unímonos un ano máis ao manifesto do CERMI con motivo do Día do Orgullo. Baixo o lema “Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma”, celebramos a coraxe de quen loitou e seguen loitando pola igualdade de dereitos e a visibilidade do colectivo LGTBI.
Cremos firmemente que a diversidade enriquece a nosa sociedade e que a inclusión de todas as persoas é esencial para a paz e o progreso e por iso comprometémonos a seguir traballando para que a educación inclusiva e de calidade sexa un dereito para todas as persoas e para que a igualdade de dereitos sexa unha realidade inquebrantable.