Celebramos a semana do libro coa presentación da nova aventura dos Bolechas, dedicada á discapacidade intelectual

A directora xeral de discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, acompañaranos nesta actividade.

Celebramos a semana do libro coa presentación da nova aventura dos Bolechas, dedicada á discapacidade intelectual

Nesta semana tan especial que acolle a celebración do Día do Libro, os Bolechas e FADEMGA Plena inclusión Galicia únense para presentar a nova aventura da famosa familia, que chega baixo o título “Paio conta como é a discapacidade intelectual”. 

O evento de presentación terá lugar o venres 26 de abril ás 19:00h na segunda planta do centro comercial As Cancelas, e contará coa presenza da directora xeral de discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, así como coa participación da dinamizadora “Árbore Azul” que lerá o conto cos pequenos e pequenas para despois realizar un mural sobre o libro…. E todo elo, por suposto, coa participación da familia Bolecha!

Promovendo a inclusión nas aulas

Dende FADEMGA estamos comprometidos coa educación e coa formación dunha sociedade máis inclusiva, onde todas as persoas, sen importar as súas capacidades, sexan valoradas e comprendidas. Para logralo, a educación e a sensibilización deben comezar na infancia, motivo polo cal nos embarcamos na realización deste libro, chamado a ser unha valiosa ferramenta para traballar cos máis pequenos as implicacións da discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A través das súas aventuras, Paio explicará os apoios que precisan os seus amigos e amigas con discapacidade intelectual, mostrando que as diferenzas non son obstáculo para amizade e o xogo compartido. 
A Federación enviará exemplares do libro a  todos os colexios e bibliotecas de Galicia, co fin de animar a traballar nas aulas valores como a empatía, o respeto, a aceptación ou o bo trato, fundamentos que consideramos esenciais para o cremento persoal e colectivo. 
 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.