1º Encontro Raíces: compromiso co nosos maiores
Un espazo dirixido a profesionais, familias e persoas voluntarias
FADEMGA Plena inclusión Galicia
15-05-2024Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un tema social, e hoxe en día atopámonos ante unha nova e urxente realidade: a prolongada etapa adulta das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e o seu proceso de envellecemento.
Esto conleva que as organizacións debamos ocuparnos e preocuparnos por coñecer cales son as necesidades das persoas con discapacidade intelectual que se atopan neste proceso, así como dos profesionais e das familias que os acompañan durante o mesmo.
Con este obxectivo hai xa 2 anos que puxemos en marcha o "Proxecto Raíces", para guiar e dinamizar a equipos de organizacións de cara a detectar e autoavaliar as posibles situacións complexas que podan percibir no día a día, así como reflexionar xuntos sobre elo e acadar consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto global adaptado ao proceso de envellecemento.
A boa acollida do proxecto materialízase agora no "1º Encontro Raíces", unha xornada dirixida a profesionais, familias e persoas voluntarias con interese en coñecer e reflexionar sobre os retos e desafíos que temos por diante.
Este encontro terá lugar o vindeiro 14 de xuño, de 10:00 a 17:00 horas na Casa das Asociacións de Benestar Social – Cabes (Manuel María, 6 - 15705 - Santiago de Compostela). Aquelas persoas interesadas en participar, podedes anotarvos a través desta ligazón.
O prazo para realizar a inscrición estará aberto ata o 7 de xuño.