Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual

Datos Xerais:

Categoría: Encontros

Organizador: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Dirixido a: Espazo dirixido a mulleres con discapacidade intelectual

Onde: O Abeiro da Loba. Aldea Madelos, 3.

Cando: 16, 17 e 18 de setembro

Duración: 3 días

Descrición

O aloxamento rural O Abeiro da Loba,

acolle os días 16, 17 e 18 de setembro

o Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual.

 

Con estas xornadas

buscamos promover a solidariedade entre mulleres

e ofrecer un espazo de libre expresión e intercambio de experiencias. 

 

COMO PARTICIPAR?

Aquelas mulleres interesadas en participar

tedes que enviarnos a areasocial@fademga.org a ficha de incrición,

que podedes descargar nesta ligazón. 

 

O prazo para que acheguedes a ficha

estará aberto ata o 26 de xullo. 

 

Contamos con 25 prazas apra participar

e a selección farase por orde de chegada,

tendo prioridade as persoas que participan no Programa de Muller da Federación.

 

CUSTO E SAÍDA

A inscrición é gratuita

e os custos serán asumidos pola Federación

a través do Programa de Muller. 

O traslado ata a saída terá que asumilo cada persoa. 

 

Descarga aquí infografía onde resuminos esta actividade. 

Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual