Seminario 1: ‘Desenvolvemento das comunidades a través dos conectores comunitarios’

Datos Generales:

Categoría: Participación

Docente: Varios

Dirigido a: Profesionais e familias de persoas con discapacidade intelectual

Online: si

Lectura fácil: no

Cuando: 23 de abril, de 12:00 a 13:30 horas

Enlace del curso: https://www.plenainclusion.org/agenda/archivo/seminario-1-del-ciclo-el-desarrollo-de-las-comunidades-a-traves-de-los-conectores-comunitarios/

Descripción

Con motivo da difusión do rol do conector/a comunitario/a, e no marco do proxecto ‘A miña Casa: unha vida en comunidade’, Plena inclusión convoca un ciclo de 3 seminarios gratuítos en liña co título «O Desenvolvemento das comunidades a través dos conectores comunitarios».

Con este ciclo queremos concienciar sobre a importancia desta figura no seu dobre rol de apoio á elección das persoas vulnerables á hora de participar nos seus barrios, e de apoio a esas comunidades para que sexan máis acolledoras coa diversidade.

Ademais, mostraremos experiencias reais deste papel dos e as conectoras comunitarias que están a traballar en ‘A miña Casa: unha vida en comunidade’.

O primeiro dos seminarios do ciclo terá lugar o martes 23 de abril de 2024, de 12:00h a 13:30h (horario peninsular español).

Neste seminario explicaremos en que consiste o desenvolvemento comunitario e como desenvolvemos a figura dos conectores dentro do citado proxecto de Plena inclusión.

Seminario 1: ‘Desenvolvemento das comunidades a través dos conectores comunitarios’