Programa Virada Equipos 2025

ALGALIA

Datos Generales:

Categoría: Formación

Docente: Varios

Presencial: si

Lectura fácil: no

Cuando: De febreiro a xuño de 2025

Enlace del curso: https://algalia.com/es/programa-virada/virada-equipos/

Descripción

O propósito de VIRADA para o fortalecemento de equipos (VIRADA  Equipos) é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social e empresas desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.

Con VIRADA Equipos queremos contribuír a construír equipos afectivos e efectivos que alcanzan a calidade desde a calidez.

Entendemos por equipos naturais aqueles que se configuran nas organizacións para o desenvolvemento dunha función ou a execución dunha tarefa, e que establecen entre os seus membros vínculos  relacionais de certa continuidade.

Por exemplo: o equipo de dirección dunha entidade, un equipo técnico dunha organización, un equipo de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización…

As actividades principais que estruturan o programa son:
1.Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
2.Encontros presenciais outdoor.
3.Obradoiros de contido sobre liderado.
4.Coaching de equipo.

VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.
 

Programa Virada Equipos 2025