Máster Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá. 4ª edición (2024-2025)

Semipresencial (170 horas presencias, 110 horas online e 140 horas de prácticas)

Datos Generales:

Categoría: Educación

Online: si

Lectura fácil: no

Descripción

Título propio da Universidade da Coruña. Departamento de Psicoloxía. Facultade de Ciencias da Educación.

  • Este Máster ofrece unha formación de posgrao orientada a que todos os que traballan no espazo profesional de 0 a 6 anos, sexa desde o campo educativo, social ou sanitario, poidan adquirir unha comprensión integral do desenvolvemento infantil e da súa diversidade, dotándoos de criterios, recursos e técnicas para a análise das situacións evolutivas e a intervención co neno, a familia e as redes sociais.
  • Ademais, póñense as bases para poder iniciar un percorrido profesional como especialista en Atención Temperá, ou para renovar e actualizar os criterios fundamentais para o seu exercicio.
  • Baséase nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade situada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola, e á comunidade.
  • Conta coa participación de docentes e profesionais acreditados por unha longa experiencia, ten un enfoque operativo e se complementa con case 100 horas de prácticas en servizos ou centros

Recomendado por la Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

Preinscrición: 20 Xuño-15 Xullo

Matrícula: 30 Xullo-25 Agosto

Máster Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá. 4ª edición (2024-2025)