Curso: Comunicación Aumentativa e Alternativa a través da Linguaxe Natural Asistida
Data de inscripción: ata o 23 de maio de 2025 ás 12h.
Datos Generales:
Categoría: Formación
Precio: Persoas con TEA, familias e profesionais das entidades ASOCIADAS á Federación Autismo Galicia: 15€ Persoas con TEA, familias e profesionais de entidades NON ASOCIADAS á Federación Autismo Galicia: 55€
Dirigido a: Profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.
Online: si
Lectura fácil: no
Cuando: Sábado 14 de xuño de 9:30h a 14h e de 15:30h. a 19h.
Enlace del curso: https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=4311&V_idmod=121
Descripción
Neste curso aprenderase todo o que se necesita saber para empezar da mellor maneira na CAA, desde os primeiros conceptos ata a creación de unha guía individual co teu plan de implementación, aprenderemos a entender, deseñar e levar a cabo cada paso deste emocionante camiño, avaliación, evidencias científicas, boas e malas prácticas, inmersión lingüística, recollida de datos, fitos, actividades ou consellos. Todo, baixo o paraugas da linguaxe natural asistida.
O ensino da linguaxe natural asistida consiste nunha estratexia de comunicación que establece como base o respecto cara a persoa, para favorecer o desenvolvemento da linguaxe apóiase a súa linguaxe oral na linguaxe simbólica do sistema de comunicación da persoa, mediante a técnica do modelado, ofrecendo así un input con alto valor educativo que é levado a cabo en situacións cotiás, nun contexto real, motivador e significativo.
O verdadeiro cambio está no paradigma que dirixe o foco cara a persoa responsable da aprendizaxe e libera á persoa autista da falsa crenza dos prerrequisitos.